O exadestrador do Pontevedra e director deportivo da Real Federación Galega de Fútbol, Manu Fernández, incorporouse este luns á expedición da Selección Española sub 21 para exercer como xefe de delegación.
"O fútbol galego está de moda", aseguran desde o ente federativo facendo referencia á presenza de tres xogadores galegos na primeira convocatoria do seleccionador da absoluta, Luís de la Fuente. A eles únese, ademais do céltico Gabri Veiga, o pontevedrés Manu Fernández, que formará parte do corpo técnico do seleccionador Santi Denia. "Un cargo que asume con moita ilusión e que reflexa o bo traballo realizado á fronte da dirección deportiva da nosa federación", engaden desde a Futgal.
Xa na concentración do combinado sub 21, Fernández foi presentado ao resto do corpo técnico e ao plantel polo coordinador de seleccións da RFEF, Francis Hernández.
O exentrenador granate estrearase na sub 21 nos amigables contra Suíza e Francia en Almería e Vannes, respectivamente.
"Para a RFGF é un orgullo que membros do seu staff sexan elixidos pola RFEF para formar parte dás súas seleccións", conclúen desde o organismo que preside Rafael Louzán.