Yuri de Souza xogará esta tempada na Kings League, popular competición impulsada desde hai poucos anos polo ex-futbolista Gerard Piqué e por Ibai Llanos.
O Rayo de Barcelona, equipo presidido polo streamer Spursito, anunciou a incorporación do futbolista brasileiro como o seu xogador número 13 para a presente tempada. Isto supón que non formará parte do seu plantel fixo, senón que xogará só cando o decida o seu adestrador debendo asumir o seu equipo un custo adicional por aliñalo.
324 partidos en Segunda División. 20 partidos en Copa del Rey. 3 partidos en UEFA. 635 partidos. 230 goles.
— Rayo de Barcelona (@RayodeBarcelona) September 11, 2024
Yuri es nuevo jugador del Rayo de Barcelona. pic.twitter.com/wCrAZJbrVx
Yuri anunciou este verán a súa retirada como futbolista profesional, pasando a formar parte da secretaría técnica da SD Ponferradina, club no que xogou durante 15 tempadas e no que é toda unha lenda.
Antes da súa etapa no Bierzo, defendeu tres campañas a camiseta do Pontevedra Club de Fútbol, o seu primeiro equipo no fútbol español e que de feito participará o vindeiro mércores 18 no partido de homenaxe cara a el organizado no Toralín.
Un dianteiro que a pesar da súa curta estancia na entidade granate deixou un recordo indeleble, con 58 goles anotados e compartindo un lembrado ataque co seu irmán Igor e o seu curmán Charles Dias.