O Pontevedra xogará un partido de homenaxe a Yuri de Souza contra a Ponferradina
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Ponferradina convidou ao Pontevedra Club de Fútbol a render homenaxe a Yuri de Souza, toda unha lenda do club berciano que esta tempada colgou definitivamente as botas.
Será nun partido de homenaxe que se xogará o mércores 18 de setembro en El Toralín, segundo confirmou este xoves o presidente da Ponferradina, José Fernández Nieto, nunha roda coinjunta co xa ex-futbolista brasileiro, que pasa a formar parte da secretaría técnica da entidade.
"Vamos a hacer un partido de homenaje a Yuri. Será el 18 de septiembre a las 20:00 horas ante el Pontevedra, el club en el que empezó en España", explicou Fernández Nieto.
José Fernández Nieto: “Vamos a hacer un partido de homenaje a Yuri. Será el 18 de septiembre a las 20:00 horas ante el @PontevedraCFSAD, el club en el que empezó en España”. #Adelanteyarriba#SomosDeportiva
— SD Ponferradina SAD (@SDP_1922) August 22, 2024
Mediranse desta forma o primeiro club español no que xogou Yuri, o granate, e o seu último equipo, unha Ponferradina na que militou ao longo de 15 tempadas, muhcas delas na Segunda División.
Yuri defendeu as cores do Pontevedra durante tres tempadas (05-06, 06-07 e 08-09), unha etapa na que anotou 58 goles compartindo unha estrañada e lembrada dianteira co seu irmán Igor e o seu curmán Charles Dias.
Relacionadas:
-
O Pontevedra envórcase coa homenaxe a Yuri nunha emotiva xornada
Por Diego Espiño |
-
O ex granate Yuri de Souza ficha pola Kings League
Por Diego Espiño |
-
Actualización no prezo das entradas para os partidos do Pontevedra co inicio da nova tempada
Por Diego Espiño |
-
Fin de pretempada para o Pontevedra con victoria ante o Céltiga (1-2)
Por Redacción |
-
Yuri, Charles... e Rufo. Terceiro futbolista que repite 'hat-trick' co Pontevedra no que vai de século
Por Diego Espiño |
-
Diversión, nostalxia e bo ambiente no partido de homenaxe a Charles pola súa retirada
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |