O Europeo Absoluto, unha oportunidade para Sara Cortegoso

Pontevedra
30 de novembro 2020

A deportista pontevedresa foi convocada pola Selección Nacional para competir no Campionato de Europa de Pesos Olímpicos que terá lugar a partir do 10 de decembro en Zagreb

Sara Cortegoso, durante unha competición Diego Torrado

O Campionato de Europa Absoluto de Taekwondo para os pesos olímpicos preséntase como unha gran oportunidade para Sara Cortegoso.

A deportista pontevedresa do Mace Sport foi citada pola Selección Nacional para tomar parte na competición continental que terá lugar na localidade croata de Zagreb.

Despois de moitos meses sen poder gozar da competición, Cortegoso probarase en categoría olímpica, onde foi dúas veces campioa nacional.

España non conta actualmente con ningunha clasificada para os Xogos de Tokyo, e aínda que Sara non está entre as favoritas a convocatoria daralle a oportunidade de probar o seu nivel de forma directa fronte ás mellores especialistas do continente.

O Europeo dará comezo o próximo día 10 de decembro.