O equipo xuvenil do Cisne, ao asalto un ano máis do Campionato de España

Pontevedra
27 de abril 2023

O equipo pontevedrés viaxará ata o País Vasco nesta ocasión en busca dun oco na fase final do torneo nacional, no que se colgou unha incrible medalla de ouro en 2021

Equipo xuvenil do Cisne nun partido da tempada 22-23 Club Cisne Balonmano

O Club Cisne Balonmán afíxose a medirse ás mellores canteiras do país, co máxico recordo do incrible título nacional conseguido no ano 2021.

Dous anos despois daquela xesta o equipo xuvenil do Cisne volve á carga nun Campionato de España, comezando cun sector nacional que lle levará nesta ocasión ata o País Vasco.

Segundo confirmou a Real Federación Española de Balonmán, o conxunto pontevedrés quedou encadrado no Sector C do Campionato de España que se disputará en Zarautz. Os seus rivais serán o Zarautz ZKE, o Granollers Sporting e o BM Sinfín.

Só oito dos 32 equipos clasificados para esta fase do Campionato de España pasarán á fase final, programada do 17 ao 21 de maio de 2023

A competición previa disputarase pola súa banda do 5 ao 7 de maio, onde só o campión de grupo logrará billete para pelexar polo título nacional.