Un Bertamiráns descendido matematicamente, poñerá a proba a fortaleza do líder Pontevedra (domingo, 17:00 horas) no Municipal de Bertamiráns, nun partido no que os granates terán que superar as dificultades dun campo de reducidas dimensións, ademais dun rival que sairá libre de presións, tras unha tempada na que o cadro santiagués pagou as penurias económicas padecidas que o levaron a protagonizar un dos descensos máis rápidos das últimas tempadas.
Malia o que indica a clasificación (último contra primeiro), os granates non se fían. Ben é certo que os números do equipo local non son precisamente para asustar a ninguén, pero tamén é verdade que, a pesar dos seus malos resultados que lle levaron a esta fulgurante perda da categoría, poucos equipos foron capaces de sacar os tres puntos deste campo sen sufrir.
O partido será dirixido polo colexiado Saúl López Parga (Lugo), auxiliado nas bandas por Gonzalo Gómez Lemos e Borja Quiroga Cerviño.
Coas baixas de Pedro García e Capi, que seguen sen non poder actuar polas súas lesións, Luisito recupera a Mouriño, tras cumprir sanción, ademais de Jacobo e Benja, que son as novidades con respecto á xornada anterior, convocando 17 xogadores e deixando fóra da lista a Miguel Centrón e Pablo.
Así, os 17 xogadores que viaxan a Bertamiráns son: Edu, Lloves, Adrián, Rubén Lobato, Campillo, Bruno, Kevin Presa, Tubo, Álvaro Muñiz, Pablo Carnero, Mouriño, Jorge, Tomás, Jacobo, Fran Fandiño, Benja e Anxo.