O deporte pontevedrés súmase á loita #TodosContraElCáncer portando "brazaletes de esperanza"

Pontevedra
02 de febreiro 2024

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro que se conmemora o 4 de febreiro, diversos equipos deportivos da provincia de Pontevedra e tamén do ámbito estatal participan na iniciativa 'Todos contra o Cancro', que ten como obxectivo elevar a taxa de supervivencia de pacientes con esta enfermidade ao 70% de cara ao ano 2030

O Club Cisne de balonmán súmase á campaña de Todos contra o Cancro AECC de Pontevedra - Arquivo

'Todos contra o Cancro' é unha iniciativa daAsociación Española contra o Cancro (AECC) que se marca como obxectivo elevar a taxa de supervivencia de persoas afectadas por esta enfermidade ao 70% para o ano 2030.

A campaña céntrase nun gran programa de acción contra a enfermidade, que permita incrementar os recursos dispoñibles para a prevención, investigación e tratamento do cancro.

Este domingo 4 de febreiro, con motivo da conmemoración do Día Mundial contra o Cancro ponse en marcha a iniciativa 'Brazaletes de esperanza' e a AECC propúxose canalizar a rivalidade entre deportes, equipos e afeccións para obter un fin solidario consistente na supervivencia ao cancro, a través dun símbolo de unidade na loita contra a enfermidade.

Durante a fin de semana, na provincia de Pontevedra diferentes equipos participarán desta proposta de lucir unha cinta verde en lugar da negra habitual que os xogadores portan en sinal de dó. A cinta verde simboliza a idea de esperanza e supervivencia.

Os deportes e equipos que colaboran na provincia son: 

FÚTBOL

Pontevedra CF, Pontevedra CF B, Celta de Vigo, Coruxo FC, Alondras CF e San Bartolomeu de Cangas, CF Amencer e Unión Club de Fútbol do Grove, CD Choco e Casa Paco de Redondela, VDE Mos Feminino e Club Louro Tameiga de Mos, Lóstrego CF de Gondomar, Viaxes InterRías Fútbol Feminino, Sporting A Estrada, Club de Fútbol Santomé e Club La Peña de Marín, Cambados CF, CF Porriño, CD Bueu e Caldas CF, CD Ribadumia.

FÚTBOL SALA

Leis Pontevedra, Cidade de Pontevedra, Agrupación Deportiva Fútbol sala de Bueu, Bueu Fútbol sala e A Estrada Fútbol sala

BALONMÁN

Cisne Pontevedra Balonmán, as Guerreiras Iberdrola, División de Honra Prata Feminina e 1ª Nacional Masculina do Bm. Porriño; as Guerreiras Iberdrola do Atl. Guardés; a División Honra Prata Masculina do Atl. Novás Balonmán; a División de Honra Prata Feminina do Asmubal Meaño; a División de Honra Prata Feminina e 1ª Nacional Masculina do A.D. Carballal; 1ª Nacional Masculina do Bm. Luceiros, S.D. Teucro e Bueu Atl. Bm. e Choqueiras e SAR Balonmán de Redondela. 

BALONCESTO

CAB Pontevedra, Real Club Celta Zorka, EDM Baloncesto da Estrada, Club Baloncesto Redondela, Club Baloncesto Peixe Galego de Marín, Club de Baloncesto Defensores Morrazo de Cangas e Vilagarcía Baloncesto. Pola súa banda, desde a Federación Galega de Baloncesto, todos os árbitros e equipo técnico portarán brazaletes verdes en todos os partidos convocados a fin de semana

RUGBY

Rugby Pontevedra e Rugby Pontevedra Mareantes, Club Rugby Coreti de Lalín e Vilagarcía Rugby.

VOLEIBOL

Xuvenil Teis de Vigo

TENIS

Club Tenis e Pádel de Redondela

ATLETISMO

Club Atletismo Pinarium de Marín