O CW Pontevedra, bronce no Campionato de España Xuvenil

Pontevedra
30 de xuño 2019

O título de campión de España foi para o CW Jerez, que derrotou ao Brains no partido final disputado na piscina da Escola Naval Militar de Marín

Campionato de España xuvenil de waterpolo en Marín Diego Torrado

As instalacións da Escola Naval Militar de Marín convertéronse, desde o pasado xoves e ata este domingo, na sede do waterpolo xuvenil español, xa que aquí disputouse o Campionato de España de segunda categoría da devandita disciplina

Despois do bo inicio na competición do club anfitrión, o Club Waterpolo Pontevedra, que venceu ao CW Elx, por un 9-6, e ao Casablanca, por un 10-5, volveu triunfar este sábado, afianzándose no bo camiño e liderando, definitivamente, o Grupo A1 do campionato. Durante a  tercecera xornada, os pontevedreses derrotaron ao Las Palmas e ao Portugalete, o que significa que conseguiron facer pleno de vitorias (catro en catro partidos). O segundo posto foi para os valencianos (CW Elx), que pasaron á fase final con 9 puntos, tres menos que os locais. En terceiro posto, o Las Palmas con 6, seguido polo Portugalete con 3 e o Casablanca con ningún triunfo e 0 puntos. 

Pola súa banda, no Grupo A2, o posto líder foi para o WP Jerez, que pasou nas mesmas condicións que o CW Pontevedra (pleno de vitorias e 12 puntos). En segundo posto o Brains con 9, seguido polo Vigo con 5. As dúas últimas prazas foron para o Lautada (3 puntos) e o Calviá (1).

Como á última fase pasaban os dous primeiros de cada grupo, durante a xornada do domingo, disputáronse, en primeiro lugar, as semifinais, nas que se enfrontaron o Elx e o Jerez, por unha banda, e o CW Pontevedra e o Brains, por outra. Despois da vitoria esmagadora do Jerez  sobre os alacantinos (2-9) e a derrota do club anfitrión (6-8), os andaluces terminaron levándose o título despois dun merecido 8-5 na final.

Consulta os resultados dos partidos do Campionato de España Xuvenil de Waterpolo.