O Cros Cabo Udra cambia de data, pero non de filosofía, para a súa oitava edición

Bueu
02 de outubro 2024

O sábado 5 de outubro pola tarde desenvolveranse as carreiras absoluta e popular, e o domingo será a quenda da andaina e das categorías inferiores

Presentación do VIII Cros Cabo Udra Concello de Bueu

A oitava edición do Cros Cabo Udra abre ua nova etapa con cambio de data, pero faino con ganas de seguir consolidándose no calendario de eventos deportivos da comarca.

"Nesta edición decidimos cambiar o cros para outubro, dado que en xuño se saturaba moito a zona de Udra, e o que fixemos foi tamén dividila en dous días", explicou na súa presentación Marcos Torres, representante da Asociación por Beluso (Asbel).

O VIII Cros Cabro Udra celebrarase deste xeito en dúas xornadas, o sábado 5 de outubro e o domingo día 6, esperando a participación de 670 deportistas.

En concreto as carreiras absoluta e popular, de 4 e 10 quilómetros respectivamente organizaranse o sábado desde as 18.30 horas da tarde, día no que tamén terá lugar un zonal cadete de 2,7 quilómetros coa colaboración da Xunta de Galicia.

Pola súa banda, o domingo está prevista unha andaina de case 14 quilómetros así como as categorías inferiores de pitufos, minibenxamín, benxamín, alevín e infantil.

Ademais das probas deportivas o evento contará cunha parte solidaria coa colocación de varios postos de asociacións da contorna, como a Fundación Diabetes Cero, Adicam, Agaela, Asociación Protectora do Morrazo, Avempo e a Asociación Juan XXIII.