O Concello de Pontevedra seguirá sendo patrocinador de Javier Gómez Noya durante os dous próximos anos "e unha posible prórroga dun ano máis".
Así o acordou este luns a Xunta de Goberno Local, aprobando o novo convenio de patrocinio co pentacampión mundial de tríatlon, similar ao asinado no ano 2014.
"Nin que decir ten que Javi Gómez Noya é o deportista máis laureado no triatlón do mundo mundial e é unha persoa cunha forte vincluación con Pontevedra. É un pontevedrés máis e entendemos que un patrocinio destes é ventaxoso", explicou o portavoz municipal, Raimundo González.
En virtude deste acordo Gómez Noya recibirá unha compensación económica de 24.100 euros anuais cos que, entre outros asuntos, poderá manter ao staff técnico que lle rodea na súa preparación.
Pola súa banda o Concello beneficiarase do convenio "na medida que esta persoa leva o nome de Pontevedra polo mundo adiante" e mediante outras contraprestacións non detalladas en profundidade pero que no anteriori acordo eran, por exemplo, poder utilizar a imaxe do triatleta promocionalmente a nivel deportivo ou turístico.