O Concello aproba o pago de 300.000 euros a 60 clubs polas subvencións do curso 2017-2018

Pontevedra
20 de abril 2020

Pontevedra conta con 7.151 deportistas deferados e 5.114 deles pertencen a categorías inferiores, o que significa que o 35 % da poboación menor de idade da cidade practica algún tipo de deporte de competición

Torneo de Reis de atletismo no CGTD Diego Torrado

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns a proposta definitiva das subvencións deportivas aos clubs da cidade correspondentes á tempada 2017-2018. O goberno local executará de forma inmediata o abono de 90.000 euros (30 % del total que ascende a 300.000 euros) a 60 entidades deportivas, que deberán presentar la documentación pertinente para recibir el 70 % restante.

Estas cantidades, que estaban pendentes de pago, complementan os 91.400 euros, xa en fase de entrega, correspondentes ás escolas deportivas do ano 2018-2019, así como o adianto dalgúns convenios nominais con clubs da cidade por un valor próximo aos 20.000 euros. 

"Son máis de 400.000 euros no deporte local esperando que sirva para aliviar a situación de crise que estamos a atravesar", declarou o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, quen anticipou que o goberno local traballa xa nas axudas da presente tempada coa intención de pagalas a final de ano.

En Pontevedra, a disciplina deportiva que máis fondos recive é o fútbol, con 53.730 euros a repartir entre os clubs da cidade. O balonmán, 43.900 euros;e o baloncesto, 27.700 euros.

No estudo realizado para outorgar estas axudas figura que Pontevedra ten 7.151 deportistas federados, dos que 5.114 son de categorías inferiores. Neste apartado, o 34,93 % da poboación menor de idade practica algún tipo de deporte de competición.