O Cisne vence o Barça e proclámase campión de España xuvenil (32-34)

Pontevedra
30 de maio 2021

Os xuvenís do Cisne proclamáronse campións de España tras vencer ao gran favorito, o Barcelona, por 32-34. Xa fixeran historia clasificándose para a gran final do Campionato pero non querían conformarse só con iso, necesitaban a vitoria e conseguírona. Unha vitoria máis que merecida que pon o broche de ouro a unha tempada  impoluta do equipo pontevedrés

Os xuvenís do Cisne na final do Campionato de España Dicsa Modular Cisne

Os xuvenís do Cisne proclamáronse campións de España tras vencer ao gran favorito, o Barcelona, por 32-34. Xa fixeran historia clasificándose para a gran final do Campionato pero non querían conformarse só con iso, necesitaban a vitoria e conseguírona. Unha vitoria máis que merecida que pon o broche de ouro a unha tempada impoluta do equipo pontevedrés.

O primeiros catro minutos foron os máis igualados, nos que Barça e Cisne repartiron goles asinando un empate a tres. A partir dese momento produciuse un punto de inflexión, no que os brancos, cunha férrea defensa e aproveitando as imprecisións do equipo rival para portería fixéronse cunha renda de tres goles que obrigaba a Ferrán Torres a parar o tempo (6-9).

Deu coa tecla o técnico azulgrana, apertando o marcador cos tantos de Bruno Reguart e Antonio López (9-10), mentres o Cisne apoiábase no tándem formado por Moura e Virulegio para seguir vivo.

Igualou a contenda Pau Morer para o Barcelona cando se pasaba do ecuador do primeiro acto (12-12) e Víctor Castro, ante tal situación, solicitaba tempo morto e pedía un pouco máis aos seus. Con todo foron os azulgranas os que reverteron a situación, colocándose por diante no electrónico por primeira vez (13-12).

O partido estaba a ser vibrante, con ambos os equipos pelexando cada balón e demostrando unha igualdade máxima que se reflectiu no marcador ata o minuto final (17-17), cando Carlos Álvarez fixo o 18 para o Cisne. Ian Barrufet buscou o mesmo para o Barça nunha contra, pero o seu lanzamento foise lonxe da portería branca e asinaron o 17-18 co que se alcanzou o descanso.

Despois do paso polos vestiarios continuou o empate. Iso si, ata o 24-24, cando o equipo dirixido por Víctor Castro aproveitou os erros nos lanzamentos azulgranas para andosar un 0-3 que os colocou un pequeno pero valioso parcial, que obrigaba ao técnico culé a parar o cronómetro (24-27).

Aínda quedaban 15 minutos por disputar. O Barça optou por unha marca ao home que parecía non dar resultado. Estaban a ser momentos críticos para os favoritos ao título, mentres o Cisne tomábase o seu tempo en cada saída de balón para evitar posibles erros que os puidesen condenar.

Pasaban os minutos e os cataláns tiñan que apertar se querían remontar, pero foi o equipo pontevedrés o que sacou a garra que os define para facer un 30-34 que deixaba practicamente sentenciado o partido a falta dun minuto para o final. Aínda que o Barça reduciu distancias cun parcial de 2-0, o Cisne xa tiña feitos os deberes cando soou a bucina, proclamándose campión de España por 32-34.