O Cisne publica o prezo de abonos e entradas para a fase de ascenso

Pontevedra
08 de maio 2015

O abono para toda a fase de ascenso custará 25 euros e cada entrada 10, con varias bonificacións que poden abaratar o prezo. Os menores de 16 entrarán de balde

Partido entre o Cisne e BM Ártabro no CGTD
Partido entre o Cisne e BM Ártabro no CGTD / Diego Torrado

O apoio do público de Pontevedra será unha baza importante para o Club Cisne Balonmán no seu obxectivo de lograr o ascenso á División de Honra Prata.

Consciente diso o club pontevedrés, organizador dun dos sectores do play-off, decidiu permitir a entrada de balde aos partidos aos menores de 16 anos.

Para o resto de público que pretenda acudir aos encontros, o Cisne fixo públicos o prezo de abonos e entradas.

Os abonos para os seis partidos da competición terán un custo de 25 euros para o público en xeral, con bonificación por ser socio dalgún club deportivo da cidade (20 euros) ou do Cisne (15 euros), mentres os xuvenís pagarán 15 euros.

En canto ás entradas soltas fixáronse en 10 euros, 6 para os xuvenís e socios do Cisne.

Nos próximos días o club informará dos puntos de venda anticipada para unha competición que se desenvolverá no Pavillón Municipal dos Deportes do 15 ao 17 de maio.