O Cisne arrancará a liga o 9 de setembro na pista do Sinfín cántabro

Pontevedra
10 de xullo 2017

O calendario da División de Honra Prata de balonmán foi sorteado este luns na sede da Real Federación Española de Balonmán. O primeiro partido na casa, ante o Amenabar Zarautz

Equipo do Cisne antes do Partido ante o Palma del Río Diego Torrado

O Club Cisne Balonmán xa coñece cal será o camiño que debe percorrer na súa terceira tempada consecutiva na División de Honra Prata.

O calendario de competición foi sorteado este luns na sede da Real Federación Española de Balonmán establenciendo que os pontevedreses debuten o día 9 de setembro visitando a pista do Sinfín cántabro.

Unha semana despois, o 16 de setembro, o primeiro equipo en visitar o pavillón do CGTD será o Amenabar Zarautz.

A liga continuará sen descanso ata a xornada 13 (16 de decembro), cun Cisne-Covadonga, na que chegará o parón do Nadal, retomándose a competición o 13 de xaneiro cun partido a domicilio ante o Nava.

En canto ao final de tempada, os de Jabato pecharán a liga regular o 19 de maio tamén fóra de casa, ante o Agustinos Alicante.

Consulta aquí o calendario completo da División de Honra Prata 2017/2018.