O CB Arxil despide o ano ao grande ante o Segle XXI (63-62)

Pontevedra
21 de decembro 2018

O cadro pontevedrés comeza as vacacións despois de dúas vitorias desde o comezo da tempada

O CB Arxil no partido ante o Segle XXI Mónica Patxot

Partido moi importante para o CB Arxil o que se disputou este venres no CGTD. Duelo ante o Segle XXI, rival directo pola permanencia, no que unha vitoria para o equipo das de Mayte Méndez, supoñía un pequeno respiro e conseguir, así, o seu segundo triunfo da tempada.

Non puido comezar mellor o encontro para as pontevedresas. Unha defensa moi activa que lles permitiu realizar múltiples recuperacións de balón, apoiada nunhas actuacións individuais fantásticas de Gala Mestres e a pivote estadounidense Cassie Oursler, fixeron que finalizaran o primeiro cuarto cunha vantaxe de 3 puntos (18-15). No segundo, máis do mesmo. Aínda que o cadro visitante adiantou a presión defensiva, tentando, desta maneira, orixinar erros, non foi suficiente, o que fixo que se marcharan ao descanso por detrás no marcador (35-32).

No referente á segunda parte, as cousas puxéronse moito máis difíciles. A pesar de que o parcial realizado polo equipo local no terceiro cuarto (16-12) lles déra unha pequena vantaxe de fronte ao tramo final, o último deles foi máis disputado do que cabía esperar. A falta de 5 minutos para a conclusión do choque, o cadro catalán soubo darlle a volta á situación e poñerse por diante. Cando todo parecía indicar un desenlace amargo, de novo a figura de Gala Mestres foi decisiva. A xogadora, casualmente tamén catalá, logrou anotar un triplo determinante cando só quedaban 30 segundos, pechando así o partido (63-62) e dando dous puntos máis que merecidos ao CB Arxil.

CB ARXIL (63): Arantxa Mallou, Gala Mestres, María Lago, Chantelle Pressley, Cassie Oursler (quinteto inicial), Marta García, Estel Puiggros, Paula Fraile, Laia Soler e Carmen Villalobos.

SEGLE XXI (62): Mama Dembelé, Helena Pueyo, Nerea Hermosa, Ana Gamarra, Marta García (quinteto inicial) e Carla Fernández, .

Resultado por cuartos: 18-15, 17-17 (35-32), 16-12 (51-44) e 12-18 (63-62).

Árbitros: Javier Borrego Rodríguez e Daniel López Illán.

Incidencias: Centro Galego de Tecnificación Deportiva ante preto de 250 espectadores.

Consulta as estatísticas completas do partido Arxil-Segle XXI nesta ligazón.