O Cayón, un equipo "incómodo e moi intenso a nivel defensivo" que porá as cosas difíciles ao Pontevedra

Pontevedra
22 de setembro 2023

O Pontevedra Club de Fútbol afronta este domingo 17:30 un novo reto para "seguir crecendo" fronte ao CD Cayón, un recentemente ascendido a Segunda RFEF que sumou un punto no que vai de liga    

Yago Iglesias, nun adestramento do Pontevedra Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol afronta este domingo 17:30 un novo reto para "seguir crecendo" fronte ao CD Cayón, un recentemente ascendido a Segunda RFEF que sumou un punto no que vai de liga.

Para Yago Iglesias a clasificación a estas alturas non é importante, por iso afirma que o cadro santanderino poñeralle as cousas complicadas aos seus. "É un equipo que compite ata o final dos partidos, escapáronselle os puntos nos minutos finais pero véselles moi compenetrados e coa idea moi clara do modelo de xogo que teñen", explica o adestrador.

Os que tamén teñen claro o que teñen que facer son os xogadores granates, que buscarán "ter continuidade do que foron as sensacións da semana pasada aínda que o escenario sabemos que vai ser diferente".

Independentemente diso, a idea que ten o Pontevedra é que "aínda que o rival teña a idea de xogar ti a ti, nós impoñernos e xogar moito no seu campo, como pasou nas tres primeiras xornadas e sobre todo na última", confirma Iglesias. "Os rivais saben o que é o Pontevedra e van facer que teñamos que dar nosa mellor versión e manter esa versión durante os meses que dure a competición. Estamos a traballar niso, non hai que esquecer que van só tres xornadas e o plantel é novo, temos moita marxe de mellora, o cal é moi bo", reitera.

Yago expón un desprazamento no que conseguir os tres puntos e seguir mellorando na clasificación. "Todo o que sexa puntuar fóra de casa é bo", afirma o adestrador, que lamenta o empate conseguido en Valladolid porque "o equipo fixo méritos para conseguir os tres puntos".

Con esa idea viaxa o equipo a Cantabria, "sumar de tres e ter máis versións do Pontevedra, non só no noso campo senón noutros terreos" contra un rival que será "incómodo e moi intenso a nivel defensivo".

Para o domingo, o técnico contará con todos os seus xogadores fóra de Barbeiro e Borja Domínguez. Ao primeiro fixéronlle unha resonancia esta mañá, pero haberá que esperar polos resultados. As sensacións, de todos os xeitos "non son demasiado positivas".

Por Borja haberá que esperar e "ter calma". Ao tratarse dunha lesión muscular e, aínda que teña boas sensacións, os servizos médicos "optaron por ser máis conservadores e non apurar".

Outro dos que estaban entre algodóns é Chiqui, que agora mesmo atópase "ao cento por cento pero esperaremos ao último adestramento para facer a convocatoria", concluíu o técnico.