O canteirán do Pontevedra Club de Fútbol Pablo López 'Lopo' non vestirá a camiseta granate a próxima tempada.
Granate desde o berce, Ángel Rodríguez deulle a oportunidade de debutar co primeiro equipo ante o Palencia Cristo, cando o ascenso a Primeira RFEF xa estaba máis que pechado.
'Lopo' substituíu ao capitán Álex González no minuto 79 e gozou de varios minutos no último partido de liga da pasada campaña.
Agora, deixará a Boa Vila para xogar en Terceira RFEF co Rápido de Bouzas, onde destacan que "nos dará moito no lateral esquerdo".