O canteirán Antón Vázquez despídese do Pontevedra: "Llegó el día, hasta pronto"

Pontevedra
22 de agosto 2020

O xogador de 21 anos di adeus despois de xogar a última campaña 19 partidos co filial en Preferente e dous no primeiro equipo, debutando en Segunda  B contra o Sporting  B na xornada 22 e repetindo contra o Atlético Baleares na xornada 24

Antón, adestrando co Pontevedra na primeira sesión despois das vacacións de Nadal Cristina Saiz

Continúan as despedidas no Pontevedra CF. Antón Vázquez, xogador que estaba entre o filial e o primeiro equipo do club granate, despídese en redes "de mi familia a la que llevo unido desde hace seis años". 

O canteirán de 21 anos di adeus despois de ter xogado a última campaña 19 partidos de liga co filial en Preferente e dous no primeiro equipo, debutando na Segunda B contra o Sporting B na xornada 22 e repetindo contra o Atlético Baleares na xornada 24.

O que podía ser un dos sub-23 do primeiro equipo para esta tempada, finalmente seguirá outro camiño que o afasta do club, aínda que espera "que esto no sea un adiós, sino un hasta luego" e poida regresar ás filas granates nalgún momento.