O Campionato de España de Boxeo de Clubs, un reto para Aarón González

Marín
31 de marzo 2021

O púxil marinense, campión en dúas ocasións, participará durante a fin de semana en Los Alcázares nunha nova edición do campionato nacional

Aarón González despois de combatir no País Vasco coa selección galega Team Thunder

A localidade murciana de Los Alcázares acollerá a próxima fin de semana unha nova edición do Campionato de España de Clubs de  Boxeo.

Alí estará o Team Thunder de Marín, representado polo seu púxil máis destacado, Aarón González, secundado por Alberto Teijeiro.

González, dúas veces campión nacional no peso welter, pelexará por recuperar o seu trono volvendo precisamente á súa categoría, tras un ano competindo no peso medio en busca dunha maior continuidade.

Se consegue avanzar na primeira rolda, o marinense disputará nesta competición o seu combate número 200, todo un logro.

O Campionato de España de Clubs conta cunha inscrición que supera os 250 deportistas entre todas as súas categorías, dos que unha vintena competirá con Aarón González no peso welter.