O boxeo marinense, protagonista do Campionato Galego celebrado en Vilagarcía

Marín
11 de maio 2015

Aarón González (Rebouras) alzouse coa medalla de ouro no seu peso por cuarto ano consecutivo. ABP de Pontevedra e Boxing Arousa sumaron dous metais cada un

Campionato Galego de Boxeo en Vilagarcía

Vilagarcía acolleu a pasada fin de semana as roldas finais do Campionato Galego de Boxeo, cun bo número de combates e grande asistencia nas bancadas.

Nos diferentes pesos estivo moi presente o boxeo marinense, que sumou ata catro medallas, todas elas do Rebouras Team, polas dúas do ABP pontevedrés e do Boxing Arousa.

En categoría elite Aarón González (Reabouras) logrou o seu cuarto ouro consecutivo en -64 quilos e encara con ambición o reto do Campionato de España.

Ademais Alba Pedrosa foi ouro en -57 quilos Xoven Feminino, Abel Ferreira prata en -64 quilos Promesa e Juan Rey en -75 Promesa.

Por parte do ABP Germán Díaz foi prata en 64 Xoven Masculino e Cristian Hernández bronce en -57 Promesa, mentres no Boxing Arousa lograron medalla José Padín cun ouro en -91 Promesa e Sheitiyar prata en -60 cadete.