O baloncesto tomará as rúas de Pontevedra durante a fin de semana

Pontevedra
29 de abril 2014

A Federación Española trae o seu 'Road Show' á Praza de España para promover o Mundial do próximo verán. Torneos na rúa, clinicse actividades compoñerán a programación, que contará ademais coa presenza de Fernando Romay. O luns o Arxil organizará tamén o seu tradicional 3x3

Road Show da Federación Española de Baloncesto en Sevilla Alberto Nevado / FEB

Tres días de intenso baloncesto esperan a Pontevedra durante os próximos sábado, domingo e luns.

Por un lado a Federación Española de Baloncesto instalará na cidade durante a fin de semana o seu 'Road Show' para promover o Campionato do Mundo do próximo verán.

Así a Praza de España acollerá a montaxe de pistas de baloncesto e toda a infraestrutura para unhas actividades que incluirán un torneo na rúa ou clinics impartidos polo ex-xogador Fernando Romay.

Como complemento o Club Baloncesto Arxil continuará coas actividades o luns coa décimo terceira edición do Día do Baloncesto, coa participación de numerosos centros escolares no torneo de 3x3 que se disputará na Avenida Monteiro Ríos.