O baloncesto súmase aos aprazamentos polo coronavirus: nin LEB Ouro, nin Liga Feminina 2, nin base

Pontevedra
12 de marzo 2020

A medida, comunicada primeiro pola Federación Española e despois referendada pola Galega, afecta a todas as categorías, desde a ACB ata ligas locais e categorías de formación

O Peixe Galego perde na Raña fronte ao Huesca Diego Torrado

Tardou en chegar máis que noutros deportes, pero finalmente o baloncesto tamén decidiu parar como medida preventiva ante o avance do coronavirus COVID-19.

A última hora da tarde do mércores a Federación Española de Baloncesto anunciou a decisión de "suspender preventivamente os partidos previstos para a próxima xornada en todas as súas competicións de carácter nacional", reza o seu comunicado. 

Foi o primeiro paso, xa que o organismo que rexe o baloncesto nacional convocou para este xoves á súa Comisión Delegada e á Comisión de Presidentes de Federacións Autonómicas para propoñerlles que esta suspensión se faga extensiva a todos os partidos programados durante as dúas semanas que as autoridades recomendaron.

Esta anulación afecta a todos os partidos da Liga Feminina, Liga Feminina 2, LEB Ouro, LEB Prata e Liga EBA, entre os que se atopan entre outros o Marín Peixe Galego, o Club Baloncesto Arxil pontevedrés ou o Cortegada de Vilagarcía. Ademais a máxima competición nacional, a Liga ACB, anunciou que apoiaba a decisión.

Con todo a medida non queda aí, xa que inmediatamente  despois a Federación Galega de Baloncesto comunicou que se sumaba ampliando os aprazamentos en todas as súas categorías, desde a 1ª División autonómica ata as idades de base, paralizando por tanto todo o baloncesto ata o 25 de marzo.