O Bádminton Ravachol vence o Oviedo e inicia o ano mirando aos postos altos da División de Honra

Pontevedra
15 de xaneiro 2024

O conxunto pontevedrés estreou 2024 con triunfo no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e empata a puntos co primeiro posto do Grupo A de a División de Honra despois de catro xornadas de liga

Xornada de División de Honra entre Bádminton Ravachol e Oviedo no CGTD Cristina Saiz

Inmellorable inicio de ano para o Club Bádminton Ravachol Pontevedra na cuarta xornada de liga de División de Honra.

O equipo pontevedrés sumou unha traballada vitoria fronte ao Oviedo (4-3) no Centro Galego de Tecnificación deportiva que lle permite, aínda que terceiro, empatar a puntos (9) co primeiro e segundo posto do Grupo A en a máxima categoría xunto ao Recreativo IES La Orden e UD ibiza.

O Ravachol, iso si, tivo que empregarse a fondo para vencer a un Oviedo ao que tivo que remontar e ao que avantaxa agora en seis puntos, dando un paso importante cara ao obxectivo da permanencia na categoría.

Foi o cadro asturiano o que se anotou o primr punto en xogo co dobres mixto, pero a parella formada por Lisa Curtin e Georgina Bland igualaron a continuación.

As xogadoras inglesas do Ravachol foron determinantes, debido a que volveron puntuar nos seus individuais permitindo recuperar o punto perdido tamén no dobres masculino, completando as vitorias Gabriel Fernández nun duro enfrontamento individual a cinco mangas que tamén foi decisivo para levar o triunfo.

Tras esta xornada o coliderato do grupo A poñerase en xogo o vindeiro domingo 21 de xaneiro no Multiusos da Xunqueira fronte a outro dos equipos cos que o Bádminton Pontevedra comparte puntuación, a UD Ibiza.