Mantén a súa marcha inmaculada o Club Bádminton Ravachol Pontevedra na liga de Segunda División Nacional.
O conxunto pontevedrés consolídase no liderado da categoría despois da xornada disputada a fin de semana no pavillón Coto Ferreiro da Estrada.
O Ravachol, dirixido por Jesús Pereiro, mostrouse superior aos seus rivais logrando dúas contundentes vitorias por 5-0, primeiro ante o CB Cíes vigués e despois en segunda rolda contra o CB Astures Boggie de Xixón.
Participaron nesta xornada Elena Andreu, Adrián Rey, María Torres, Iván Darriba, Patricia Iglesias e Javier Rey.
Desta forma o Bádminton Pontevedra consegue pechar o ano sen coñecer a derrota en liga cumprindo o obxectivo marcado ao comezo da tempada de pelexar polo ascenso de categoría.