O Bádminton Ravachol pecha a continuidade de Manuel Brea para a próxima tempada

Pontevedra
18 de xuño 2020

O xove xogador é un dos que mellor media de vitorias ten da categoría e a súa renovación era unha obxectivo primordial do club para o seu debut na División de Honra

Manuel Brea nun partido co Club Bádminton Ravachol Pontevedra

O Bádminton Ravachol Pontevedra renova por unha tempada máis a Manuel Brea. O mozo de 23 anos xa é toda unha referencia para o equipo, polo que selar a súa continuidade para a próxima tempada na máxima categoría nacional era unha prioridade para a dirección deportiva do conxunto pontevedrés.

A pesar da ilusión coa que o cadro lerezano prepara o próximo curso, desde a directiva recoñecen que será un ano complicado non só polo salto de categoría, senón pola multiplicación de gastos que supón a División de Honra e a crise económica derivada da pandamia da Covid-19, que afectará a patrocinadores privados e subvencións públicas.

Por iso, no seo do Ravachol marcáronse como obxectivo prioritario asegurarse a continuidade dos seus mellores xogadores. É o caso de Brea que, desde a súa chegada na campaña 2018/2018 converteuse nun fixo nas aliñacións. A súa versatilidade achegou solidez ao equipo tanto nos partidos individuais como no dobres ou mixto.

En dúas tempadas, disputou 58 partidos coa camiseta do primeiro equipo, dos que 51 cóntanse por triunfos. Na modalidade individual, acumula 27 vitorias de en 29 duelos, que o converten nun dos mellores xogadores da liga. En dobres, gañou 16 e perdeu 4 enfrontamentos; en mixtos, oito vitorias e unha derrota.

Ademais de ser un referente sobre a cancha, Brea manterá a súa función como coordinador das escolas deportivas do club.

A súa renovación únesenese ás de Ana Carbón e Álex Nogueira, co que a continuidade da columna vertebral do equipo está asegurada.