O Bádminton Pontevedra reforza a aposta para o seu debut en Primeira Nacional

Pontevedra
18 de xullo 2018

Raquel Miguens e Miguel Sanluis continuarán no primeiro equipo do Ravachol, que apunta alto coa ilusión de poder pelexar polo ascenso á máxima categoría

Miguel Sanluis, xogador do Bádminton Ravachol Pontevedra Club Bádminton Ravachol Pontevedra

A pesar da súa curta vida, o Club Bádminton Ravachol Pontevedra avanza con paso firme cara á elite do seu deporte.

Tras lograr o ascenso á Primeira Nacional, o equipo pontevedrés reforzou a súa aposta coa ilusión de pelexar polo salto á División de Honra máis cedo que tarde.

Raquel Miguens e Miguel Sanluis foron as últimas confirmacións no equipo. Aos seus 31 anos, Miguens é habitual nos postos de honra nas competicións nacionais e será unha das referencias nas modalidades de dobres achegando experiencia ao conxunto pontevedrés.

Pola súa banda Sanluis (17 anos, cedido polo CB A Estrada) continuará no equipo tras ser peza importante no ascenso a Primeira Nacional. O xogador, que se prepara no Centro de Alto Rendemento de Madrid xunto á campionísima Carolina Marín, disputará o próximo mes de setembro o Campionato de Europa coa Selección Española.

Ambos os dou xogadores únense a un persoal na que xa figuraban Ana Carbón, Noelia Gestoso, Iván Darriba ou Manuel Brea.