O Arxil volverá ao traballo o 2 de xaneiro

Pontevedra
30 de decembro 2022

As verdes prepararán o regreso á competición cun torneo amigable o 4 de xaneiro en Ourense fronte ao Carmelitas

Primeiro adestramento do Arxil da tempada 2022-2023 Mónica Patxot

O equipo sénior da liga Feminina 2 do Arxil retoma o vindeiro luns 2 de xaneiro os adestramentos tras unha semana de descanso.

Tras o parón da competición polo Nadal, o plantel regresará ao completo a próxima semana ao traballo para preparar a continuación da competición cun torneo amigable fixado para o dia 4 contra o Carmelitas de Ourense ás 19.30 horas.

A liga volve o domingo 8 de xaneiro cun partido crucial para as aspiracións do conxunto verde en Logroño fronte ao Uni Basket.