O Arxil pon a proba o seu bo momento de forma visitando un líder en horas baixas

Pontevedra
09 de decembro 2022

As verdes enfróntanse este sábado ás 20 horas en Santander ao Tirso Intercentros, que acumula dúas derrotas consecutivas

Partido entre CB Arxil e Unicaja no CTGD Cristina Saiz

Difícil compromiso para o Arxil, que visita a cancha do líder, o Tirso Intercentros, este sábado ás 20 horas. Con dez xornadas disputadas, as verdes afrontan o partido desde a sexta posición cun balance de cinco vitorias e catro derrotas; mentres que as locais lograron sete triunfos e só caeron en tres ocasiones. Con todo, chegan nunha serie negativa con dúas derrotas consecutivas. 

Pola contra, o último partido do equipo pontevedrés deixou un pouso moi "esperanzador" polo "gran partido" realizado fronte ao Unicaja. A seriedade en defensa e o dominio do marcador durante os catro cuartos son as notas positivas que convidan o optimismo.

Pola súa banda, o conxunto santanderino sufriu este ano unha remodelación importante do plantel e desde o seo do Arxil advirten do perigo de xogadoras como Butina Inja, Eva Oliva, Teresa Sedlakova, Michaela Stejskalova ou Cristina Lazaro.