O Arxil inicia o curso con derrota ante o Almería na prórroga (75-77)

Pontevedra
01 de outubro 2022

O Club Baloncesto Arxil empezou con derrota a nova tempada en Liga Feminina 2 despois dun partido de auténtico infarto que se decidiu na prórroga. O cadro pontevedrés dominou nos tres primeiros cuartos pero sucumbiu ante un combativo Almería (75-77)    

Partido de Copa Galicia entre Arxil e Cortegada no CGTD Mónica Patxot

O Club Baloncesto Arxil empezou con derrota a nova tempada en Liga Feminina 2 despois dun partido de auténtico infarto que se decidiu na prórroga. O cadro pontevedrés dominou nos tres primeiros cuartos pero sucumbiu ante un combativo Almería (75-77).

O CGTD de Pontevedra acolleu a primeira xornada de Liga Feminina 2 na que se enfrontaron Arxil e Almería, dous equipos ambiciosos coas ideas claras que demostraron para o que están na competición.

Empezou mandando o Arxil no marcador, cun parcial ao descanso de 40-32 liderado polo poderío en ataque de Forster e Trajchevska. Con todo, as almerienses, lonxe de baixar os brazos, fixeron un case perfecto terceiro cuarto (12-20) que lles permitiu empatar o envite e deixar todo por decidir nos últimos 10 minutos.

Os dous equipos querían o triunfo, pero foron as de Almería as que souberon aproveitar as imprecisións arxilistas para facerse co triunfo na prórroga.

Destacaron no Arxil Heather Forster, con 21 puntos e 27 de valoración; Carolina Ribeiro, con 13 puntos e 20 de valoración, e Nena Trajchevska, con 15 puntos e 10 de valoración.

Consulta as estatísticas do Arxil-Almería