O Arxil faise co XXVI Trofeo Cidade de Pontevedra ao derrotar o Carmelitas de Ourense

Pontevedra
21 de decembro 2022

As verdes venceron con claridade aos seus rivais tras un primeiro cuarto moi igualada no tradicional campionato amigable de Nadal  

Vitoria do Arxil no XXVI Trofeo Cidade de Pontevedra CB Arxil

O CB Arxil e o Carmelitas de Ourense disputaron este martes a vixésimo sexta edición do trofeo Cidade de Pontevedra de baloncesto na cancha do CGTD nun encontro que se saldou con vitoria local por un contundente 96 a 42.

O primeiro cuarto do partido foi igualado e non foi ata o segundo acto cando as verdes, que apertaron en defensa, comezaron a poñer distancia no marcador cun ataque fluído e devastador tanto desde o perímetro como no interior. 

Maite Méndez non puido contar para este clásico torneo coas lesionadas María Lago, Carla Fernández e Miriam García; nin coa ausente Carmen Ortiz. Para suplir estas baixas, a adestradora convocou a Lara, do filial; e á júnior Carla. Ambas compartiron minutos con Aldara Vázquez, Cristina Díaz Pache, Meniña Trajchevska, Andrea Glomazic, Heather Forster, Carolina Ribeiro, Margarita Moreira e Nerea Liste.

Na categoría cadete o Arxil impúxose ao Carmelitas por 50-40.

A entrega de trofeos estivo encabezada polo concelleiro de Deportes, Tino Fernandez.