O Arxil chama a súa afección para o partido deste sábado ante o Miralvalle

Pontevedra
10 de marzo 2023

O Club Baloncesto Arxil ten este sábado una das citas máis importantes da tempada para pelexar por un posto nos play-off polo ascenso e fai un chamamento á súa afección para que acuda ao CGTD ás 19:30 horas e apoie ao equipo no encontro contra o Miralvalle, segundo clasificado da liga Feminina 2 con 33 puntos    

Partido entre CB Arxil e Sevilla no CTGD Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil ten este sábado una das citas máis importantes da tempada para pelexar por un posto nos play-off polo ascenso e fai un chamamento á súa afección para que acuda ao CGTD ás 19:30 horas e apoie ao equipo no encontro contra o Miralvalle, segundo clasificado da liga Feminina 2 con 33 puntos.

As pupilas de Mayte Méndez chegan a este enfrontamento co ánimo polas nubes tras a vitoria conseguida a pasada xornada na cancha do Aridane onde brillaron especialmente no traballo colectivo achegando en tarefas defensivas e no xogo do 5x5. Destacan precisamente desde a entidade que este ano "son un bloque onde un día destacan unhas e ao seguinte aparecen outras".

Desta forma, o equipo logrou un refacho de catro triunfos consecutivos que o aúpan ata a cuarta praza empatado a 31 puntos con Unicaja Málaga, a un do Almería (terceiro con 32 puntos), a dous de Miralvalle (segundo con 33 puntos) e a cinco do líder Tirso Incentro (36 puntos).

O deste sábado será "un partido importante para o colectivo", insisten desde o club, onde "se deberá percibir a fortaleza da rotación verde #ante a acumulación de esforzos".

Destacan no Miralvalle a ex arxilista Ruth Adams e a pivote Grifinn, ex do Maristas Coruña, ademais de Irene Viruel, que ten canastra e é unha gran reboteadora ,Maria Romero, Ana Moyano, Alicia Morais, García e María González.