O arousán Óscar Marcos recibe a chamada da Selección Española Sub-18

O Salnés
10 de xaneiro 2024

O centrocampista de Vilaxoán, que milita no equipo xuvenil de División de Honra do Celta de Vigo, é un dos 20 convocados polo seleccionador nacional sub-18, David Gordo, para o partido internacional amigable que España xogará fronte a Italia o vindeiro mércores 17 de xaneiro

Óscar Marcos, nun partido coa Selección Galega Real Federación Galega de Fútbol

Óscar Marcos Santamaría vai queimando etapas dentro das categorías inferiores da Selección Española.

O centrocampista de Vilaxóan, formado desde idade temperá na canteira do Celta de Vigo, recibiu este mércores a chamada da Selección Española Sub-18.

É a segunda vez que o arousán é convocado polo equipo nacional desta categoría, tras pasar antes pola Sub-16 e a Sub-17.

Nesta ocasión Óscar Marcos é un dos 20 xogadores convocados polo seleccionador nacional sub-18, David Gordo, para o partido internacional amigable que España xogará fronte a Italia o vindeiro mércores 17 de xaneiro (18.00 horas) na Cidade do Fútbol das Rozas.

Todo un premio ao seu papel protagonista no equipo xuvenil A de o Celta, líder do Grupo 1 da División de Honra e na que xogou esta tempada ata a data todos os encontros como titular, sumando cinco goles.