O Arosa volve empatar, esta vez fronte o Arenteiro (1-1)

O Salnés
17 de novembro 2019

O Arosa visitou este domingo o campo de O Espiñedo para enfrontarse ao Arenteiro, rival que só perdeu tres partidos nas primeiras doce xornadas. Pola súa banda, os de Rafa Sáez viaxaban a Carballiño con seis empates ás súas costas, que xa suman un máis co resultado desta fin de semana

Partido entre o Paiosaco e o Arosa Arosa SC

O Arosa visitou este domingo o campo de O Espiñedo para enfrontarse ao Arenteiro, rival que só perdeu tres partidos nas primeiras doce xornadas. Pola súa banda, os de Rafa Sáez viaxaban a Carballiño con seis empates ás súas costas, que xa suman un máis co resultado desta fin de semana.

O partido comezou cos locais adiantándose moi pronto no marcador. Aos dous minutos de que o colexiado pitase o inicio do encontro, o Arenteiro xa se adiantaba cun gol do vilagarcián Jorge Fajardo onde nada puido facer Manu Táboas.

Durante os seguintes minutos, ningún dos equipos gozou de importantes ocasións ata o minuto 12 cando parecía que o Arosa comezaba a achegarse á portería ourensá. A partir de aí, o Arosa tres claras oportunidades, a primeira no minuto 26 e a segunda no minuto 30, pero o máis determinante foi un disparo de Jorge que non alcanzou os tres paus e chegouse ao descanso co 1-0.

Tras o paso polo vestiario, o Arosa só necesitou 8 minutos para empatar. Foi Pedro Beda o que materializou a pena máxima e poñía o 1-1 no electrónico, resultado co que se chegou ao final do partido.

Consulta a acta do partido entre o Arenteiro-Arosa na seguinte ligazón.