O Arosa sentencia o Arteixo (3-1)

O Salnés
04 de decembro 2022

O Arosa sumou este domingo un importante triunfo diante da súa afección. O cadro vilagarcián superou a un Arteixo que se repuxo ao gol temperán do rival pero ao que finalmente gañou por 3-1  

Partido entre Arosa e Arteixo na Lomba Arosa SC

O Arosa sumou este domingo un importante triunfo diante da súa afección. O cadro vilagarcián superou a un Arteixo que se repuxo ao gol temperán do rival pero ao que finalmente gañou por 3-1.

Os xogadores de Luisito ofreceron moi boa imaxe, golpeando no minuto 2 ao Arteixo na primeira chegada a área rival cun tanto de Sylla.

Despois do gol as ocasións chegaron para ambas as escuadras, pero o marcador non se moveu máis ata a segunda parte.

Foi despois do descanso cando chegaron o resto de tantos. Primeiro empatou o conxunto Coruñés cun gol de Fabio no minuto 53, pero cos cambios o Arousa imprimiu máis velocidade arriba e desequilibrou o duelo.

Anotou Santi Figueroa no 71 e Javi Sandá sentenciou no 88 facendo o 3-1 final que lle dá outros tres puntos aos de Vilagarcía, que seguen terceiros a dous puntos dunha UD Ourense que empatou e a 4 do Estradense.