O Arosa presenta o escudo do seu 75 aniversario

O Salnés
02 de setembro 2020

O club arlequinado cumpre 75 anos de vida durante este 2020, polo que elaborou unha identidade conmemorativa que lucirá durante toda a tempada

Escudo do Arosa SC para o seu 75 aniversario

Non todas as tempadas pódese presumir de cumprir 75 anos de vida, polo Arosa decidiu conmemorar esa data tan sinalada que se cumpre este mesmo ano 2020.

O club arlequinado encargou un novo escudo e imaxe corporativa para celebrar o particular aniversario.

O escudo foi elaborado pola empresa Miksnet, que viña colaborando na xestión das redes sociais ou en accións como a campaña promocional da fase de ascenso.

Lucirá durante o curso que está punto de comezar nas camisetas, carnés de socio e todo o material de márketing da entidade.

O ex-xogador arosista Carlos Leites está detrás da nova imaxe, que se completará nos próximos días coa presentación da nova páxina web do club.