O Arosa pechou a renovación máis importante da tempada, a que lle vincula co seu principal patrocinador.
O club arlequinado sinou este venres o acordo que lle vincula por décimo segundo ano consecutivo á empresa Impex Europa, a través do seu produto Ratibrom.
A relación entre o Arosa e a empresa de raticidas fidelizouse coa chegada de Manolo Abalo á presidencia no ano 2010. "Naquel momento grazas a vós conseguimos salvar ao club, coa vosa chamada désteslle un impulso", recoñeceu o dirixente.
Abalo protagonizou a firma do acordo xunto a un dos responsables da empresa, Santiago Alonso, acompañados ambos polo director xeral do Arosa, Rodrigo Lojo, e o capitán Julio Rey.