O Arosa non pode co invicto Avilés (2-1)

O Salnés
24 de outubro 2021

O Arosa sumou este domingo unha nova derrota nun campo difícil, e é que o Avilés, que chegaba invicto á cita, puxo contra as cordas aos pupilos de Jorge Otero que, aínda que conseguiron devolver as táboas ao marcador cun gol de Luismi, na segunda metade Vidorreta sentenciou dando a merecida vitoria aos asturianos por 2-1

Partido entre Avilés e Arosa no Román Suárez Puerta Arosa SC

O Arosa sumou este domingo unha nova derrota nun campo difícil, e é que o Avilés, que chegaba invicto á cita, puxo contra as cordas aos pupilos de Jorge Otero que, aínda que conseguiron devolver as táboas ao marcador cun gol de Luismi, na segunda metade Vidorreta sentenciou dando a merecida vitoria aos asturianos por 2-1.

Non se cumpriu o minuto de xogo e o Avilés xa puxo en perigo a portería do Arosa. Nunha xogada mal defendida, Vidorretat enviou un pase filtrado a Cedrick, que gañou as costas á defensa e plantouse diante de Manu Táboas na que era a primeira xogada do partido, pero o gardameta arousán botouse abaixo para facer unha boa parada cos pés.

Despois do susto, os arlequinados recobraron a compostura. Iso si, sen xerar ocasións a un Avilés moi ben posicionado e que roubaba limpamente para facer dano á contra, obrigando aos arousáns a replegar con rapidez.

Aos 10 minutos chegou a mellor chegada do Arosa. Luismi percorreu o centro do campo sen oposición rival e enviou á dereita, onde estaba Javi Fontán, que probou cun centro que se foi desviado. Na seguinte xogada volveron tentalo pero o disparo foise moi desviado.

Pero o Avilés estaba mellor posicionado e buscaba as cóxegas a un Arosa que non sentía cómodo. Estellés tentou rematar dúas veces e Cedrick forzou unha falta perigosa cando ía golpear o rexeite. O libre directo acabou estrelado na barreira.

Seguiu aos seu o equipo local, co dez facendo o que quería cos seus centros á área que a zaga se encargaba de achicar como podía. E ao final, de tanto tentalo, acabou chegando o gol asturiano. Cedrick, que se converteu nun pesadelo no verde, foise do seu defensor e sacou un centro a media altura que Ródenas materializou para adiantar aos locais no minuto 20.

Durou entre cero e nada a alegría ao Avilés. E é que o Arosa, na súa primeira acción clara de perigo, enviou o balón ao centro da zaga onde non chegaron nin Estéllez nin Gómez, Luismi recolleu o esférico enviado por Nuño para facerse oco, recortar a Nacho e definir coa zurda para devolver as táboas ao marcador.

E co empate no Suárez Puerta, os locais volveron facer das súas, sobre todo mediante centros de Cedrick que chegaban cargados de veleno cara a un Manu Táboas que facía o que podía e que salvaba ao seu equipo do que puido converterse no segundo para o Avilés tras un saque de córner que se coaba directo ás mallas.

Co paso dos minutos o Arosa empezou a tomarse tempo nas transicións, tocando con lentitude e movendo dun lado ao outro, logrando frear o asedio rival e xogando os mellores minutos do primeiro acto aínda que sen chegar a portería rival, asinando o empate co que se alcanzou o descanso.

Tras o paso polos vestiarios, o partido cambiou totalmente, polo menos durante os primeiros minutos do segundo acto. Os de Vilagarcía deron un paso adiante no seu xogo, buscando facer dano coas chegadas de Fontán polo extremo dereito que facían sufrir a Juanmi Carrión en defensa, mentres que o Avilés aínda tardou en atoparse cómodo. Con todo, cando o fixeron, deron paso aos compases cheos de intensidade nos que as forzas se igualaron, polo que o marcador podía moverse a favor de calquera.

Con todo, nun pequeno lapso de tempo e tras a substitución de Kilian Grant por Cedric, foron os locais os que recuperaron o dominio. Puido cambiar o encontro se o colexiado pitase dous posibles penaltis en área arlequinada, primeiro a Vidorreta e o segundo a Natalio, pero non o viu o conxunto arbitral e deixou seguir para fortuna do Arosa.

Foi este último o que tivo nas súas botas o gol. Nacho López desde a dereita centrou a Hualde, que recibiu dentro da área e deixou atrás para Natalio, que non foi capaz de definir ben coa zurda e enviou alto en boca de gol.

Moveu ficha Jorge Otero, dando entrada a Pedro Díaz e Mon por Alberto Martín e Luís Nuño, e fixo o propio o técnico local, cambiando a Javi Pérez e a Iago Díaz por Fernando e Ródenas.

Pero as substitucións sentaron mellor ao Avilés. Era cuestión de tempo que chegase o segundo gol, que o alcanzaron tan só dous minutos despois. Juanmi Carrión enviou ao segundo pau un saque de esquina, Natalio deixou atrás e Vidorreta, coa zurda, sacou un disparo que deixou inmóbil a Manu Táboas e que se coou ao interior da portería.

Co marcador en contra, ao Arosa non quedaba outra que meter unha marcha máis se quería o seu premio, pero o Avilés, cómodo sobre o terreo, seguía co seu bo facer ofensivo e con opcións de matar o partido en calquera xogada.

Quedaban dez minutos e Jorge Otero meteu pernas novas en ataque coa entrada de Pedro Beda por Julio Rey, pero non era capaz o Arosa de chegar con claridade a área local, senón que tiña que replegar e sacar forzas de onde non as había para evitar o terceiro local, que puido chegar tras un centro de Natalio que non foi capaz de rematar Hualde.

Tratou como puido o equipo vilagarcián de rascar un punto do duelo, sobre todo coas internadas dun incansable Javi Fontán en banda dereita. Pero o Avilés, embotellado en defensa, non deixaba espazos polos que penetrar, e así, lonxe de ceder o empate, asinaron un 2-1 co que concluíu o partido.