O Arosa golea o Céltiga e leva o Trofeo Concello da Illa-Memorial Alejandro García (0-4)

O Salnés
15 de agosto 2021

A preparación da nova tempada do Arosa pasou este domingo por disputar o Trofeo Concello da Illa-Memorial Alejandro García no que tiveron como rival ao Céltiga. Jorge Otero apostou por Alex Cobo, Piay, Campillo, Pedro García, Pedro Beda, Jorge Fajardo, Ross, Sidibé, Pablo Porrúa, Róber e Álex, un once que dominou desde o minuto uno demostrando ser un equipo de maior categoría para golear na súa visita á escuadra da Illa

Partido amistoso entre Céltiga e Arosa Arosa SC

A preparación da nova tempada do Arosa pasou este domingo por disputar o Trofeo Concello da Illa-Memorial Alejandro García no que tiveron como rival ao Céltiga.

Jorge Otero apostou por Alex Cobo, Piay, Campillo, Pedro García, Pedro Beda, Jorge Fajardo, Ross, Sidibé, Pablo Porrúa, Róber e Álex, un once que dominou desde o minuto uno demostrando ser un equipo de maior categoría para golear na súa visita á escuadra da Illa.

Ross abriu a lata no minuto 20 a pase do xuvenil Álex e, quince minutos despois, Pablo Porrúa fixo o propio para devolver o golpe a un Céltiga que quedaba tocado.

Non contentos co 0-2, antes de alcanzar o intermedio deixaron o duelo sentenciado. Esta vez foi Róber o que se uniu á festa goleadora, anotando no minuto 45 tras unha bonita xogada de Piay pola banda dereita.

Na segunda metade, xa co partido de fronte, o Arosa relaxouse pero mantendo en todo momento a portería a cero. Xa non había tanta triangulación nas xogadas e as chegadas a área rival cada vez eran máis illadas, notándose o cansazo nas pernas dos xogadores a medida que pasaban os minutos.

Ao que aínda lle quedaba gasolina para correr foi a Luismi, que entrara no segundo tempo e apareceu para, en xogada persoal, anotar o 0-4 co que concluíu o duelo.