O Arosa debilítase contra o Coruxo (0-1)

O Salnés
03 de outubro 2021

Continúa a mala serie do Arosa, que empezou ben a tempada pero leva xa dous partidos seguidos perdendo e tres sen marcar. A última derrota foi este domingo na Lomba contra o Coruxo, pechacancelas da clasificación e que tivo nun golazo de Mateo o seu primeiros tres puntos

Pedro García, nun partido co Arosa Cristina Saiz

Continúa a mala serie do Arosa, que empezou ben a tempada pero leva xa dous partidos seguidos perdendo e tres sen marcar. A última derrota foi este domingo na Lomba contra o Coruxo, pechacancelas da clasificación e que tivo nun golazo de Mateo o seu primeiros tres puntos.

Comezou o partido cos de Jorge Otero sendo donos do esférico e as ocasións non tardaron en chegar. A primeira foi para Nuño, que enviou un disparo cruzado desde o lado esquerdo que se foi cruzado e, pouco despois, nun balón parado que sacou Mon. Colgou o balón na área do conxunto visitante, que sacou o balón como puido iniciando unha contra que acabou con falta sobre o 14 do Arosa. Tamén probou Pedro Beda, moi activo na área pequena buscando aproveitarse dun erro defensivo rival e posteriormente cun remate de cabeza.

Mentres, o Coruxo buscaba o gol con xogadas illadas pero de moito perigo, obrigando a Manu Táboas a intervir. Alcanzábase o cuarto de hora e a zaga visitante enviou un pase ás costas da defensa cara a Silva, que se plantou diante do gardameta arlequinado, que lle gañou a partida ao 9.

Buscaban poñerse por diante ambos os equipos, pero máis o Arosa, ao que se lle escapaban chegadas claras que non vían portería e a que entrou, o colexiado anulouna por fóra de xogo. Mon enviou a Ros un centro a balón parado e este último pasou a Javi Fontán, que cometeu falta sobre Alberto. Cumpríase o minuto 40.

Despois do paso polos vestiarios, o Coruxo deu un paso adiante e fíxose co control do xogo tocando en campo rival, mentres os de Jorge Otero esperaban para facer dano á contra.

Salvou Manu Táboas ao seu equipo do primeiro gol verdibranco no minuto 57, cando Mateo pasou a Martín, que se plantou diante do gardameta arousán e este enviou o balón a córner.

Moveu ficha o técnico local, dando coa tecla para que o Arosa volvese xerar perigo en área de Alberto. Pero non foi capaz de converter o que tivo o equipo local, cousa que si que fixo o pechacancelas da clasificación despois de moito insistir. O central do Coruxo, desde campo propio, coou o balón ás costas da defensa local. Alí estaba Martín, que centrou cara a Mateo. Este sacou un derechazo que se coou na escuadra da portería de Manu Táboas, que non puido facer nada para evitar o gol.

Co marcador en contra empezou a apertar o Arosa, mentres o Coruxo tentaba non cometer erros defensivos que lle fixesen perder o primeiros tres puntos da tempada. E souberon aguantar ata o final, mentres os locais íanse quedando sen forza a medida que pasaban os minutos.

Finalmente, 0-1 na Lomba. Segunda derrota consecutiva do Arosa e primeira vitoria dun Coruxo que soubo plantar cara.