O Arosa cumpre ante a súa afección gañando o Paiosaco (1-0)

O Salnés
18 de setembro 2022

Segunda xornada consecutiva gañando para o Arosa, que conseguiu os tres puntos este sábado na Lomba ante o Paiosaco grazas a un gol de Hugo Losada  

Partido entre Arosa e Paiosaco na Lomba Arosa SC

Segunda xornada consecutiva gañando para o Arosa, que conseguiu os tres puntos este sábado na Lomba ante o Paiosaco grazas a un gol de Hugo Losada.

Os arlequinados debutaron diante do seu público tras descender a Terceira División RFEF e referendaron as boas sensacións mostradas a pasada fin de semana contra o Barco, onde tamén gañaron por 0-1.

O Paiosaco, recentemente ascendido foi guerreiro e puxo en aprietos aos locais, que se mostraron débiles e indecisos e sufriron durante os primeiros 45 minutos.

Pero o segundo acto foi outro cantar, Luisito moveu ficha no banco e meteu pólvora arriba, xerando innumerables ocasións que puideron acabar en goleada, pero tivéronse que conformar cun solitario gol do xuvenil Hugo Losada no minuto 73. 

"Estou contento con estes tres puntos porque neste tipo de partidos é onde se gañan as ligas", declarou Luisito unha vez finalizo o duelo. "Gústame gañar xogando ben, pero na primeira parte estivemos moi atascados e equivocámonos moitas veces na saída de balón".

"Na segunda parte", pola contra, "se viu outro partido e o Arosa que todos queremos". Recoñeceu que o Paiosaco "vai comer moitos puntos por aí, vai ser un rival moi difícil porque está moi ben estruturado a nivel defensivo, pero estou contento porque acabamos de empezar e ou equipo é practicamente novo".