O Arosa colócase terceiro tras gañar o Pontellas na Lomba (3-1)

O Salnés
27 de outubro 2019

Vitoria sufrida a do Arosa esta fin de semana na Lomba #ante o Pontellas que lle permite colocarse terceiro na clasificación con 20 puntos

Partido de liga entre o Arosa e o Estradense na Lomba

Vitoria sufrida a do Arosa esta fin de semana na Lomba ante o Pontellas que lle permite colocarse terceiro na clasificación con 20 puntos.

O partido comezou cos locais mantendo a posesión do esférico e sen claras ocasións ata chegar ao minuto 13. Foi neste momento cando Julio rematou un centro de Raúl Martiñán que acabou nas mans do porteiro do Pontellas. Aos dous minutos, o Pontellas adiantouse no marcador cun tanto de Fernando.

O gol visitante non fixo dano ao Arosa que tivo unha oportunidade moi clara nas botas de Pedro Beda que finalmente detivo o gardameta. Cinco minutos despois, Raúl Martiñán asistiu a Pedro Beda para empatar o partido. A partir deste intre, os de Vilagarcía atopáronse con múltiples ocasións, unha de Jorge e outra de Pedro Beda. Foi este último o que, tres minutos despois do tanto do empate, deu a volta ao marcador coa o rematar de cabeza un saque de esquina.

Co 2-1 chegouse ao descanso e o Arosa baixou o ritmo pero a pesar diso, o Pontellas non foi capaz de atopar a portería rival. A falta de once minutos para que o colexiado pitase o final do encontro, os locais quedaron cun xogador menos despois de que Martiñán vise a segunda amarela.

O Arosa tiña un xogador menos e non aproveitaba as ocasións que tiña ata que, xa co partido terminado, Suso roubou o balón a un defensa rival e asistiu a Rober para poñer o 3-1 final.

Consulta a acta do Arosa-Pontellas na seguinte ligazón.