O Arosa blinda a súa portería coa renovación do heroe do ascenso, Álex Cobo

O Salnés
10 de xullo 2021

O gardameta catalán de 26 anos volverá a compartir con Manu Táboas o obxectivo de blindar a portería arlequinada, traballo que lle valeu ao seu equipo un ascenso ao converterse nun muro nas dúas eliminatorias do play- off, nunha delas parando un penalti na prórroga cando o seu equipo estaba en inferioridade numérica

Álex Cobo, número 13, nun partido co Arosa Cristina Saiz

O heroe do Arosa no seu ascenso a 2ª RFEF, Álex Cobo, asinou por un ano máis nas filas do equipo vilagarcián.

O gardameta catalán de 26 anos volverá a compartir con Manu Táboas o obxectivo de blindar a portería arlequinada, traballo que lle valeu ao seu equipo un ascenso ao converterse nun muro nas dúas eliminatorias do play-off, nunha delas parando un penalti na prórroga cando o seu equipo estaba en inferioridade numérica.

Cobo chegou ao Arosa procedente do Deportivo B, co que disputou catro tempadas antes de aterrar en Vilagarcía. Tamén pasou polo Atlético de Madrid cando era cadete, estivo na canteira do Damm e xogou en Segunda B co Lleida e co equipo herculino.

"Vine para ascender y se consiguió", destacou o gardameta, "lo que más deseaba tras conseguirlo era continuar". Tamén espera "que la afición mantenga la pasión y la fidelidad con el equipo que mostró en A Lomba en los últimos partidos. Las últimas tres semanas fueron una locura, sobre todo con la semifinal que fue muy épica, y en gran parte fue gracias a la afición". 

En canto á recentemente creada Segunda RFEF, Álex Cobo recalcou que se trata de "unha categoría nova para a maioría de equipos que subiron e temos que adaptarnos o máis rápido posible e a partir de aí ver como vai a segunda volta".