O Ángel Ximénez de Puente Genil, rival do Cisne na segunda rolda da Copa do Rei

Pontevedra
02 de outubro 2019

Tras eliminar o Teucro no derbi pontevedrés, o conxunto  cineísta enfrontarase agora a un equipo da Liga Asobal na segunda eliminatoria do torneo do K.O.

Jabato, no partido de Copa do Rei entre Cisne e Teucro no Pavillón Municipal
Jabato, no partido de Copa do Rei entre Cisne e Teucro no Pavillón Municipal / Diego Torrado

O Club Cisne Balonmano xa coñece ao seu rival para a segunda rolda da Copa do Rei, á que accedeu tras eliminar na primeira o Teucro no derbi pontevedrés.

Os de Jabato esperaban un opoñente da Liga Asobal, ao entrar en competición os oito equipos da máxima categoría, e ese equipo será o Ángel Ximénez de Puente Genil.

Así se determinou no sorteo celebrado este mércores na Real Federación Española de Balonmán para unha eliminatoria que se celebrará de novo a partido único.

No caso do Cisne, ao ser o equipo de menor categoría, o duelo disputarase en Pontevedra o vindeiro martes 15 de outubro.

O resto de partidos de segunda rolda da Copa do Rei son Unió Esportiva Sarriá-Cangas, Handbol Bordils-Benidorm, Alcobendas-Anaitasuna, Cajasur Córdoba-Quabit Guadalajara, Zamora-Puerto Sagunto, Alarcos Ciudad Real-Liberbank Cantabria e Atlético Novás-Nava.