O Álvarez Limeses pecha o ciclo sobre 'Saúde, alimentación e actividade física' do Teucro e o Concello

Pontevedra
21 de xaneiro 2021

No ciclo participaron unha decena de centros educativos de Pontevedra ao longo dos últimos meses

Charla sobre 'Saúde, alimentación e actividade física' no CEIP Álvarez Limeses Concello de Pontevedra

Última parada do programa sobre 'Saúde, alimentación e actividade física', impulsado pola Sociedade Deportiva Teucro e a concellería de Educación de Pontevedra.

O CEIP Álvarez Limeses acolleesta semana as últimas charlas do ciclo, que pasou por unha decena de centros educativos.

Impartidas pola coordinadora teucrista Laura del Castillo coa colaboración de Javier  Dóminguez, a nutricionista Inés Martínez e nesta ocasión o xogador do primeiro plantel Cahuê Herrera, no Álvarez Limeses contaron tamén coa presenza do concelleiro de Educación e Deportes, Tino Fernández, quen aproveitou para facer balance dun a actividade que "fomentou hábitos saudables entre 762  alumnos de 3º e 4º curso de Primaria", sinalou.

En concreto, o proxecto desenvolveuse durante o mes de decembro nos colexios A Xunqueira I, Vilaverde (Mourente), Parada-Campañó, Santo André de Xeve, San José, Froebel, Cabanas e San Martiño (Salcedo), e nas últimas semanas no CEP Campolongo e no CEIP Álvarez  Limeses.

Ademais de realizarse charlas duns 50 minutos de duración, a actividade tamén incluíu a distribución de kits de merenda saudable para os mozos, de folletos informativos para as familias sobre alimentación e deporte e de guías para o profesorado.