O plantel do primeiro equipo do Peixe Galego para a campaña de regreso á liga EBA segue tomando forma. O club acaba de facer oficial a renovación por unha tempada máis do ala pivot Álvaro Filgueira.
Trátase dunha renovación estratéxica para o novo proxecto marinense, que se basea no mantemento do bloque que logrou o ascenso e de seguir apostando por xogadores da casa.
Na última tempada, Filgueira promediou 13,7 puntos por partido e un tempo na cancha de 25 minutos en cada encontro.