Nova vitoria do Waterpolo Pontevedra superando o Leioa na quenda de penaltis (15-13)

Pontevedra
04 de febreiro 2023

A boa serie do Club Waterpolo continúa e aínda non sabe o que é perder neste 2023. Coa deste sábado ante o Leioa na Escola Naval de Marín, as pontevedresas suman catro vitorias consecutivas e seguen asentadas na cuarta posición do Grupo A de a Primeira División Feminina  

Partido Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e Real Canoe Cristina Saiz

A boa serie do Club Waterpolo continúa e aínda non sabe o que é perder neste 2023. Coa deste sábado ante o Leioa na Escola Naval de Marín, as pontevedresas suman catro vitorias consecutivas e seguen asentadas na cuarta posición do Grupo A de a Primeira División Feminina.

O equipo pontevedrés comezou cómodo o encontro, mandando no marcador e asinando un 6-3 ao descanso.

Pero despois do intermedio chegou a reacción do rival. Primeiro o WP ampliou a súa vantaxe en catro goles (8-4), pero ese colchón relaxounas en exceso e o Leioa igualou o partido e mesmo chegou a voltear o resultado, anotando o 10-11 a falta dun minuto para a conclusión. E no último ataque local, Andrea Andión devolveu a igualdade sobre a bucina para enviar o envite aos penaltis.

Foi precisamente a protagonista do último gol do partido a que fallou o primeiro lanzamento da quenda de penaltis; Goizalde Urkiola errou para o Leioa, Carmen fixo anotou o 12-11 para as de Pontevedra e Marta Jaime fallou o segundo das visitantes. Valentina Restrepo puxo a diferenza de dous goles a favor das lerezanas; Miren Urizar transformou o 13-12; Sara Vanegas, o 14-12; Erika López-Pastor fixo o 14-13 e Irene Esteban anotou o definitivo 15-13 que deu o triunfo ao Waterpolo Pontevedra.

Consulta as estatísticas nesta ligazón