Nova data na pretempada do Pontevedra Club de Fútbol.
A entidade granate engadiu un novo compromiso amigable á súa preparación, nunha cita que é habitial nos últimos anos, ao visitar o CD Estradense.
Esta partido disputarase o mércores 17 de agosto no Estadio Municipal da Estrada ás 20.30 horas, segundo anunciou o club que milita na Terceira RFEF.
Desta forma os de Antonio Fernández engaden unha parada de máis nunha folla de ruta que lle levará este mércores 10 de agosto a medirse ao Coruxo no Vao (17.00 horas) e o próximo día 13 ao Juvenil Ponteareas no campo de Pardellas.
Tas estes partidos queda aínda desvelar quen será o rival para o ensaio xeral do cadro granate previo á súa estrea ligueira, e é que a intención é engadir un novo amigable a fin de semana do 20 e 21 de agosto, antes de entrar na que será a primeira semana de competición oficial.