Nicolás Casas colga o ouro no campionato de España de taekwondo

Marín
16 de marzo 2025
Actualizado: 22:29

Aos seus 13 anos, o mozo deportista do Mace-Sport fíxose co seu cuarto ouro nacional tras superar ao catalán Sergio Moral en dous asaltos

Nico Casas, no Campionato de España
Nico Casas, no Campionato de España Club Mace-Sport

Nicolás Casas, do Club Mace-Sport de Taekwondo, proclamouse campión de España no nacional celebrado este sábado en Tarragona.

O campionato contou coa participación de preto de 400 deportistas.

No caso do mozo pontevedrés, iniciou a súa andaina como número dous do ranking nacional fronte ao representante da selección rioxana Daniel Iradier, ao que venceu en dous asaltos (12-0/12-10).

Na seguinte rolda esperouno o duro representante da Comunidade Valenciana, Izan García, que fixo un gran papel no seu primeiro combate, pero Nico logrou superalo en dous asaltos moi xustos (18-16/15-14).

O seu rival en semifinais foi o andaluz Oliver Soler, ao que tampouco deu opcións. O pontevedrés levou o triunfo en dous asaltos (9-5/21-9), metendo a directa para a gran final.

Xa no combate definitivo, Casas enfrontouse ao catalán Sergio Moral que, a pesar da súa gran envergadura e contar co apoio da afección, foi incapaz de superar ao mozo galego, que se fixo coa medalla de ouro tras vencer por 10-5 e 16-8.

Ao seu trece anos, Nico colga por cuarta vez o metal dourado, a primeira na categoría cadete, viaxará proximamente ao Campionato de Europa de clubs e busca apoio das institucións ou empresas privadas para poder custear estas saídas.

Pola súa banda, Ángela Balado, do Mat's de Marín, tamén tivo que superar catro roldas para acadar a primeira posición.

Venceu a María Martín (Aragón), Selva Pleguezuelos (Cataluña), Valeria García (Andalucía) e finalizou o torneo gañando na final a Alicia Palomino (Castela a Mancha).

Por último, Alejandro Quintela, do Número Phi, colgou o bronce tras superar a Alejandro Rodríguez (Andalucía) e Enzo Sánchez (Murcia), e perder na semifinal ante Naim El Machi (Canarias).