Nadia Zoltikova, a nova promesa da loita pontevedresa que se púe no CGTD

Pontevedra
06 de xullo 2023

A loitadora de orixe ucraína de categoría sub 15 é a única representante española no campionato de Europa de Loitas Olímpicas que se celebra en Hungría

Nadia Zoltikova, loitadora do CGTD, xunto ao seu adestrador Marcos Miragaya

O campionato de Europa de loitas olímpicas que se celebra desde o 6 ao 10 de xullo na cidade húngara de Kaposvar terá acento pontevedrés. O técnico Marcos Miragaya acompaña a Nadia Zoltikova, a prometedora deportista de orixe ucraína que se prepara no CGTD de Pontevedra.

A loitadora, que compite na categoría de -42 quilos, sorprendeu a todos os técnicos co seu brillante debut nos campionatos de España da categoría e tamén en posterior concentración do equipo nacional sub 15. Tras estas actividades, Nadia foi a única candidata por parte de seleccióna nacional feminina elixida para representar a España nesta cita continental.

Nada en Ucraína, Nadia poderá competir representando a España grazas á norma da Federación Internacional de Loita (UWW) que permite a calquera deportista nado a partir do 2009 defender ao país no que está a residir, para o que lle conceden unha nacionalidade deportiva. 

No ámbito estritamente competitivo, a pontevedresa é unha das grandes esperanzas da loita galega e española. Este xoves debuta na fase clasificatoria e se triunfa pasará loitar polas medallas este mesmo venres.