Multitudinaria segunda edición da Ruta BTT Cidade de Pontevedra

Pontevedra
29 de marzo 2015

Preto dun milleiro de ciclistas afeccionados déronse cita na proba organizada polo Club Ciclista Farto

II Ruta BTT Cidade de Pontevedra Diego Torrado

A xornada acompañaba, con tempo seco e temperatura agradable, e os amantes da bicicleta de montaña gozaron do lindo.

Aproximadamente un milleiro de ciclistas se sieron cita nunha concorrida II Ruta BTT Cidade de Pontevedra, organizada polo Club Ciclista Farto.

A Avenida Monteiro Ríos acolleu a saída e chegada dunha cita que contou con 45 quilómetros de percorrido e subida ao alto de Castiñeiras.

Conforme ían concluíndo a carreira, os participantes gozaron duns pinchos en bo ambiente na Alameda pontevedresa para compartir unha experiencia que ameaza con repetirse o próximo ano.